Propostas

O impulso renovado para a nosa universidade materialízase nas seguintes propostas:

  • Potenciar a dotación de becas propias
  • Defensa ante a CRUE e o ministerio dunha política de becas que non dependa do rendemento académico
  • Estudar unha pauta de horarios que evite la conxestión nos transportes públicos
  • Mellora das instalacións dos centros para a vida diaria: espazos dotados para comer, máquinas con produtos saudables,…
  • Servizo de asistencia psicolóxica para os estudantes
  • Potenciar a vida nos campus: cultura, deporte, debate,…
  • Aulas de estudo 24 horas nos campus. Non todos teñen fácil estudar…
  • Impulsar a creación dunha residencia pública de estudantes en Ferrol

  • Progresiva equiparación salarial con postos equivalentes das outras universidades do SUG, vía complementos específicos
  • Consensuar a actualización da RPT, optimizando postos e funcións e evitando os contratos 3+3 e os controladores
  • Reactivar o concurso de traslado dos postos informáticos
  • Manter a promoción interna, de tipo vertical, e estudar a promoción interna horizontal ao estilo de outras administracións, como a Xunta ou o SERGAS
  • Estudar a redución de xornada a 35 horas semanais
  • Selección do/a Xerente/a con preferencia entre o PAS da Universidade
  • Optimizar os procesos de xestión vinculados aos seus quefaceres docentes e investigadores
  • Manter e potenciar a política de promoción do profesorado, así como a garantía de continuidade dos profesores vinculados mediante contrato administrativo o laboral
  • Promover unha unidade de traducións científicas para aumentar a produción científica dos profesores
  • Colaboración entre os grupos de investigación para alcanzar a masa crítica precisa para solicitar un proxecto competitivo
  • Facilitar a mobilidade dos profesores cara Europa e Latinoamérica ao obxecto de tecer redes sólidas que cristalicen en solicitudes de proxectos ou en convenios de incorporación de novos estudantes
  • Regulación dos Campus Sustentable e Innova
  • Potenciar a divulgación como novo eixe da avaliación da produción científica. Cada vicerreitorado terá unha unidade de divulgación coordinada polo vicerreitorado de investigación
  • Impulso da actividade de transferencia da UDC cara empresas e institucións
  • Desenvolvemento dunha política efectiva de mantemento, reparación e calibración de equipos científicos
  • Impulso da creación de entidades de apoio e mecenado, sen ánimo de lucro, cara os diferentes centros ou agrupacións de centros da UDC
  • A UDC cre na UDC: aproveitamento das patentes e coñecementos da UDC para que revertan nas obras, melloras e accións da UDC
  • Cidade das TIC: definición da especialización, precisa para asegurar o seu éxito
  • Converter en singulares os centros de investigación CICA e CITEEC
  • Cooperación cos centros para impulsar os graos e mestrados actuais. Revitalizar as campañas de atracción de estudantes
  • Colaboración cos centros e as agrupacións de centros para impulsar aqueles estudos nos que se demostre una fortaleza indiscutible
  • Negociar coa Xunta, USC e UVigo o desenvolvemento do mapa de titulacións, colaborando cando sexa de interese poñer en marcha estudos interuniversitarios
  • Difundir as propostas sobre os estudos a impartir. Toda a universidade debe saber que se pretende e que implicacións ten
  • Impulsar o compromiso dos estudos dende a perspectiva dos 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible
  • Potenciación do desenrolo da cultura da igualdade, impulsando o CEXEF, REDE e a OIX
  • Impulsar a participación de estudantes, profesores e PAS en todos os órganos de goberno, evitando que queden postos sen cubrir en calquera estamento
  • Facer da UDC un espazo de debate permanente, non de propaganda. Loita activa contra as pseudociencias
  • Potenciar a cooperación, fomentando o desenrolo de TFG e TFM sobre proxectos cooperativos
  • Saúde laboral:
    • Estudo exhaustivo e público dos niveis de radon e medidas correctivas
    • Converter a UDC en pioneira da Seguridade e Saúde para todos os colectivos
    • Integrar ao servizo de prevención de riscos nos procesos de compra de material e equipos
  • Mellorar o financiamento na próxima negociación do convenio coa Xunta
  • Dar valor aos indicadores da UDC con maior proxección
  • Aumentar os ingresos por contratos e transferencias, mellorando ademais a xestión dos recursos de investigación. A UDC debe ser o socio preferente da innovación galega
  • Atracción de novos estudantes. Latinoamérica debe ser un obxectivo preferente
  • Análise dos ránkings nacionais e internacionais e maior impulso para mellorar a posición da UDC
  • Establecemento de alianzas con universidades latinoamericanas para atraer novos estudantes e fomentar o intercambio de profesores
  • Potenciación da ORI