Último día da campaña.

O derradeiro día dedicado a campaña electoral estivo marcado pola intensidade de actividades programadas. Pola maña Fernando Martínez conversou co persoal da Facultade de Ciencias da Educación, posteriormente desprazouse ata o Campus de Esteiro. No salón de actos do campus puido conversar co persoal da Escola Politécnica Superior, Escola Universitaria de Deseño Industrial, Facultade de Ciencias do Traballo, Facultade de Enfermaría e Podoloxía e Facultade de Humanidades e Documentación. Pola tarde visitou a escola Universitaria Politécnica.   

Para dar o peche final a campaña, Fernando Martínez quixo ter un acto mais informal, de carácter festivo polo que houbo música, máxia, e dous monólogos, un interpretado polo propio candidato.

Por un #impulsoRenovado
vota a
Fernando Martínez Abella

Debate organizado por CUAC FM

Ligazón do debate:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/eleccions-reitoria-da-udc-2019/2019×1/

Quinto día da campaña

Nesta xornada electoral, véspera do fin de semana, Fernando Martínez reuniuse co persoal da Reitoría, a continuación estibo ca comunidade universitaria da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas e Centro Universitario de Riazor. Finalizando a mañá ca visita á facultade de Filoloxía.  Lamentablemente non puido visitar á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF) xa que na hora que tiña planificada era a continuación da intervención do outro candidato e o decano de INEF desaconsellou que se fixera. Pola tarde asistiu a un debate con Julio Abalde organizado polo xornal La Opinión que se publicará o domingo.

Cuarto día de Campaña

No cuarto día da campaña, Fernando Martínez puido conversar co persoal da Facultade de informática, na que recolleu as inquedanzas dos asistentes. Pola tarde participou nun intenso debate organizado pola delegación de estudantes de Camiños na que os candidatos puideron conversar o redor de 5 bloques temáticos as propostas de futuro que levan no programa electoral. Tamén tiveron a oportunidade de responder ás preguntas dos asistentes.

Terceiro día da campaña

No día de hoxe, Fernando Martínez puido visitar os membros da Facultade de Socioloxía e á Facultade de Ciencias da Comunicación, á Facultade de Economía e Empresa e á Facultade de Dereito. No final da xornada puidemos desfrutar un interesantísimo debate na Facultade de Ciencias da Educación organizado por Radio Coruña Cadena SER

Segundo día da campaña

Hoxe Fernando tivo a oportunidade de conversar coa comunidade universitaria da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Escola Técnica Superior de Arquitectura, Facultade de Ciencias, Facultade de Fisioterapia e á Facultade de Ciencias da Saúde.  Foi unha xornada intensa aínda que moi gratificante para o candidato, xa que recolleu as inquietudes das persoas que puideron asistir.

Galiciapress – Martínez Abella, candidato a rector de la UDC: “La universidad pública tiene el mismo derecho que la privada a pedir Medicina”

Fernando Martínez Abella compite con Julio Abalde (Nova Luce) por el rectorado de la Universidad de A Coruña en las elecciones del 4 de diciembre. El catedrático atiende a Galiciapress para explicar su programa. Abalde compartió dirección con José Luis Meilán Gil, con el que fue vicerector. La pérdida de alumnos, la Ciudad de las TIC, la demanda de Medicina, o la futura competencia de la universidad privada en Galicia que promueve ABANCA  son algunos de los temas de esta entrevista.

Ligazón:
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1643451/fernando-martinez-abella-candidato-rector-udc-mucho-mejor-dicen-rankings