Hoxe Fernando tivo a oportunidade de conversar coa comunidade universitaria da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Escola Técnica Superior de Arquitectura, Facultade de Ciencias, Facultade de Fisioterapia e á Facultade de Ciencias da Saúde. Foi unha xornada intensa aínda que moi gratificante para o candidato, xa que recolleu as inquietudes das persoas que puideron asistir.