Cuarto día de Campaña

No cuarto día da campaña, Fernando Martínez puido conversar co persoal da Facultade de informática, na que recolleu as inquedanzas dos asistentes. Pola tarde participou nun intenso debate organizado pola delegación de estudantes de Camiños na que os candidatos puideron conversar o redor de 5 bloques temáticos as propostas de futuro que levan no programa electoral. Tamén tiveron a oportunidade de responder ás preguntas dos asistentes.