Quinto día da campaña

Nesta xornada electoral, véspera do fin de semana, Fernando Martínez reuniuse co persoal da Reitoría, a continuación estibo ca comunidade universitaria da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas e Centro Universitario de Riazor. Finalizando a mañá ca visita á facultade de Filoloxía.  Lamentablemente non puido visitar á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF) xa que na hora que tiña planificada era a continuación da intervención do outro candidato e o decano de INEF desaconsellou que se fixera. Pola tarde asistiu a un debate con Julio Abalde organizado polo xornal La Opinión que se publicará o domingo.