O derradeiro día dedicado a campaña electoral estivo marcado pola intensidade de actividades programadas. Pola maña Fernando Martínez conversou co persoal da Facultade de Ciencias da Educación, posteriormente desprazouse ata o Campus de Esteiro. No salón de actos do campus puido conversar co persoal da Escola Politécnica Superior, Escola Universitaria de Deseño Industrial, Facultade de Ciencias do Traballo, Facultade de Enfermaría e Podoloxía e Facultade de Humanidades e Documentación. Pola tarde visitou a escola Universitaria Politécnica.
Para dar o peche final a campaña, Fernando Martínez quixo ter un acto mais informal, de carácter festivo polo que houbo música, máxia, e dous monólogos, un interpretado polo propio candidato.